Infografía
Proxecto académico
2024
Compartir
Infografía
Proxecto académico
2024
Compartir
A pegada da arte
As mans teñen sido representadas de moi diversos xeitos ao longo da historia da arte. Ás veces como o elemento temático da obra; noutras ocasións, como un elemento compositivo que acompaña á idea evocada, pero sempre cargadas dun gran simbolismo.
«A pegada da arte» é unha infografía que disecciona a representación das mans na arte ao longo do século XX. Analízanse e clasificanse diversas obras segundo a emoción que representan. Un exercicio de síntese visual onde o xesto se converte no protagonista absoluto da narrativa.
Na tristeza o xesto actúa como un piar que sostén o corpo canso e nos agocha da vulnerabilidade. É a manifestación sucesora á ira, o consolo e a resignación de quen xa non pode facer nada ante as inxustizas e impasibilidade da guerra.

Nuns anos de gran tensión, de inestabilidade, inxustizas habituais e normas morais estritas, a ira era a primeira reacción á dor: Dedos que se se tensan de frustración, puños pechados en sinal de protesta e accións bruscas nas que as palmas das mans se abren como anuncio á violencia.
O xesto muda o amor nun feito tanxible, nunha linguaxe atemporal e universal.
É protagonista de aloumiños que rodean e protexen aos que queremos, é símbolo da solidariedade e gratitude co próximo, é tecedor de todas as relacións humanas e é a canle comunicadora do amor propio e o autocoidado.
As mans como ferramentas de acción que permiten o xogo, a creación, o baile…ramificacións emocionais que nos brindan un sentido de gratificación e logro.
É latente no optimismo dos primeiros anos de século e móstrase ligado á liberdade propia da nenez e o contacto coa natureza.

Resultado da ignorancia ou impredecibilidade, o xesto tende a paralizarse, dando como resultado obras nas que o xesto figura atrapado no tempo. Ante a ameaza, as mans esténdense e ábrense buscando auxilio; ante a angustia, estas póusanse e suxeitan o noso corpo.