Motion Graphics
Proxecto académico
2025
Compartir
Motion Graphics
Proxecto académico
2025
Compartir
Cold Cold Cold
Neste proxecto explórase a sincronización rítmica e narrativa entre imaxe e son, tomando como base o tema «Cold Cold Cold» de Cage The Elephant. O fluxo de traballo combinou o debuxo en mapa de bits [Procreate] coa animación dixital [Aftereffects].
O obxectivo foi traducir a atmósfera de desesperación emocional e loita interna da canción nunha peza visual de estilo propio. Así, fúxese da literalidade para explorar o surrealismo: o corazón despersonalízase nunha mazá e a angustia mental convértese en narrativa médica e de dor física. A inestabilidade enfatízase coas liñas desorganizadas, distorsións e movementos repetitivos.
1/3
2/3
3/3
Desenvolvemento do storyboard para definir a composición, o ritmo e a transición das imaxes. Unha guía esencial para trasladar a narrativa surrealista do guión á linguaxe do motion graphics. A animación comeza co título e nome do grupo, deseguido mestura ilustración con tratamento de texto [letra da canción].
[frío]
O frío [nome da canción] é unha consecuencia da patoloxía do narrador: dor no corazón. Os límites entre dor física e emocional dilúense para manifestar de xeito contundente o sufrimento.
[loucura]
Maniféstase a través das distorsións, pequenos movementos contínuos e repetitivos, a inestabilidade, as liñas desorganizadas e quebradas…
[surrealismo]
Consecuencia da loucura son os elementos surrealistas, como por exemplo os ollos nas palmas das mans.
[medicina]
O sufirmento é tratado como unha patoloxía que debe ser curada. A presenza de aparellos médicos é recurente: electrocardiograma, xiringas, medicamentos…
Estas catro conceptos principais estruturan a peza e a súa estética.
A continuación móstrase o resultado final, dalle ao play e sube o volume para desfrutar do proxecto: