Editorial
Proxecto académico
2025
Compartir
Editorial
Proxecto académico
2025
Compartir
Dorothé na Vila
O proxecto «Dorothé na Vila» nace como unha translación editorial do documental homónimo de Alejandro Gándara e Olaia Tubío. A peza explora unha viaxe polas aldeas de Galicia tralos pasos de Dorothé Schubarth, quen fai corenta anos grabou e recopilou a memoria sonora da nosa terra.
O deseño busca dar forma tanxible ao intanxible: a voz e o recordo. Tres conceptos clave [memoria / antítese pasado-presente / repetición] dan lugar a unha estructura experimental que entrelaza fotogramas da viaxe, transcripcións de entrevistas e as coplas orixinais do Cancionero Popular Galego.
exterior publicación
portada publicación
lomo cosido
7 cadernillos, 7 localizacións, 180 páxinas.
Cada cadernillo consta dunha estrutura que emprega tres tipoloxías de papeis con tres tamaños diferentes. Papel beige para o pasado [coplas e imaxes recollidas por Dorothé], papel branco para a actualidade [transcrición de entrevistas e fotogramas do documental] e papel cebola como transición entre os dous tempos.
A diferenza de tamaño entre páxinas enfatiza o concepto de repetición [información que se mantén e se vai completando co paso das páxinas].
[localización]
A portada de cada un dos cadernillos é sempre unha foto do camiño [a viaxe] que posteriormente da pé a unha primeira páxina de presentación da localización.
[informantes]
Primeiro preséntanse aos informantes mediante a súa nómina do Cancioneiro Popular Galego e as fotografías recollidas por Dorothé. Posteriormente preséntase ao informante na actualidade.
[entrevistas]
Transcrición das entrevistas realizadas no documental. Pertencen a actualidade e intercálanse cunha selección de fotogramas do proxecto audiovisual.
[coplas]
Pertencentes ao pasado [Cancioneiro Popular, recollidas por Dortohé], pero tamén se cantan na actualidade [entrevista]. Son o fío conductor entre ambos tempos.
[coplas]
Pertencentes ao pasado [Cancioneiro Popular, recollidas por Dortohé], pero tamén se cantan na actualidade [entrevista]. Son o fío conductor entre ambos tempos.