Campaña 360

Proxecto académico

2025

 

Campaña 360

Proxecto académico

2025

San Felices

Campaña integral de lanzamento do disco San Felices- La M.O.D.A na Coruña, centrada en converter o consumo musical nunha experiencia de conexión emocional e física.

Baixo o slogan «Ser/San felices está mucho más cerca de lo que crees», o proxecto reivindica a pausa e o cotidiano fronte á présa. A estratexia utiliza a nostalxia como fío condutor para atraer ao público a un espazo físico onde o disco se converte nun símbolo tanxible de pertenza. Emprégase o círculo como eixo central [representando ao disco, o colectivo e o crecer] e a iconografía da nenez para evocar o concepto de «caixa de recordos».

Mupi 1/3

Mupi 2/3

Mupi 3/3

A campaña inclúe publicidade exterior tales como mupis, valados, pantallas dixitais, transporte público… Pero tamén prensa escrita e dixital.

 

[prensa]

Publicidade a páxina completa de xornal, faldón 15 módulos e faldón superior en prensa dixital.

[publicidade exterior]

Mupis, monopostes e valados.

[publicidade exterior]

Rotulación de parte traseira en buses urbanos e rotulación de obra exterior.

Ademáis da publicidade estática, deseñouse o movemento da campaña para aplicacións como pantallas dixitais:

 

Realizouse tamén unha campaña de posicionamento para as redes sociais da banda musical. Consiste nun pequeno teaser para xerar intriga no espectador e posteriormente o lanzamento da campaña adaptada ao público obxectivo. En redes sociais adquiren gran protagonismo os recursos motion.

 

feed

post motion

post