Tipografía
Proxecto académico
2025
Compartir
Tipografía
Proxecto académico
2025
Compartir
Sideral
Sideral é un exercicio de síntese e construción tipográfica baseado na economía de recursos. A fonte estrutúrase a partir de tres módulos básicos que, combinados entre si, xeran un alfabeto de caixa alta caracterizado pola súa verticalidade.
O seu deseño, de proporcións estilizadas e gran altura, busca unha estética arquitectónica e rotunda. Un proxecto que explora os límites da lexibilidade a través dun sistema modular ríxido, resultando nunha tipografía con personalidade ideal para usos display ou titulares de gran formato.
póster tipográfico
proceso de deseño
glifo «a»
A construción de Sideral partiu dunha metodoloxía sistemática para garantir a coherencia de todas as súas formas. O punto de partida foi a definición da palabra «NOVA». Esta selección non foi casual, xa que contén as formas fundamentais [rectas, curvas e diagonais] que serven de base para establecer as constantes visuais, a altura e o ancho de todo o alfabeto.
Posteriormente desenvolvéronse os demais glifos do alfabeto agrupándoos segundo a súa estrutura ou construción morfolóxica.
[módulo 1]
[módulo 2]
[módulo 3]
Na fase final, os glifos vectorizados foron transferidos a Glyphs para a súa produción técnica. Neste software levouse a cabo o axuste de kerning e a corrección de proporcións ópticas, garantindo un ritmo de lectura fluído. O resultado é unha fonte display completamente funcional e lista para o seu uso en calquera contorna profesional.