Packaging

Proxecto académico

2025

 

Packaging

Proxecto académico

2025

Elia

Deseño de identidade visual e packaging para Elia, unha crema iluminadora de gama alta con ingredientes naturais. O proxecto céntrase en trasladar a calidade do produto a unha experiencia física e sensorial.

O fío condutor do deseño é a luminosidade, o atributo máis diferencial do produto. A identidade visual busca reflectir esa luz que a crema aporta ao rostro, utilizando unha linguaxe gráfica minimalista que evoca pureza e materiais con acabados metálicos nos que se o producto se reflexa.

O envase secundario [caixa] está deseñado para xerar unha experiencia de unboxing memorable. A estrutura require dunha manipulación coidada, elevando o cosmético a un obxecto de desexo e reforzando a percepción de luxo.

Fronte á sofisticación da caixa, o envase primario [tarro] aposta pola funcionalidade diaria. Cunha estética sinxela e limpa, concentra a esencia da marca de xeito ergonómico e directo.

 

1/3

2/3

3/3

O deseño inspírase no amencer e na enerxía vital do sol para crear unha linguaxe visual de alta gama.

O Sol é o concepto clave: As formas circulares e o brazo central da “E” evocan o sol asomándose por unha xanela, unha idea que se reforza no isotipo coa representación das raiolas. Así, combínase a sobriedade do luxo coa calidade orgánica da natureza, utilizando formas sinuosas e irregulares que contrastan coa estrutura angulosa do packaging.

 

[envase secundario]

Un despregable tipo caixón que revela o produto mediante un tirador de cinta prateada. Na parte superior, un peto oculta o manual de uso. Para as recomendacións de uso, deseñouse unha serie de pictogramas que facilitan a interpretación.

[envase primario]

O aluminio do bote cilíndrico protexe a fórmula das condicións externas mentres o seu acabado natural brillante conecta co concepto de luz de toda a marca. Uso de stamping metalizado 3D na etiqueta frontal para aportar unha textura distintiva ao tacto.

[interior vs exterior]

O branco puro do exterior contrasta co material prateado e reflectante do interior. Os troquelados na caixa permiten visualizar esta dualidade, comunicando que a luz reside no corazón do produto.