Rebrand + Packaging
Proxecto académico
2025
Compartir
Rebrand + Packaging
Proxecto académico
2025
Compartir
Humana
Humana, referente na economía circular e a reutilización téxtil, afronta o reto do comercio online. Este proxecto nace da necesidade de adaptar a súa identidade visual a unha contorna dixital e de deseñar un sistema de packaging que sexa coherente cos seus valores de compromiso social e ambiental.
O redeseño da marca busca unha imaxe máis contemporánea e atractiva para o novo público obxectivo, mentres que o deseño de embalaxes céntrase na experiencia de usuario (unboxing) e na sustentabilidade. Utilizáronse materiais biodegradables e reducíronse os elementos innecesarios para minimizar o impacto ambiental, convertendo o envío nunha ferramenta de comunicación directa e responsable.
Símbolo
Logotipo
Recurso gráfico
A nova identidade articúlase arredor do valor da colaboración “people to people”.
Máis que unha palabra, o logotipo constrúese como un bloque sólido e cargado de simbolismo. A inclinación itálica da tipografía evoca a escritura a man, funcionando como unha metáfora da acción humana que sostén a Fundación. O tracking axustado crea unha silueta compacta que representa a unión, a solidariedade e a axuda mutua. É a representación gráfica da cadea de accións que conecta ás persoas.
Por outro lado, o símbolo é unha síntese da figura humana construída a partir do glifo «h» do propio logotipo. Esta peza funciona como un módulo que permite crear patróns e outros recursos gráficos.
[caixa]
Estrutura sólida de cartón corrugado reciclado (kraft) para pedidos múltiples ou fráxiles. Inclúe un peche de seguridade con cinta de papel personalizada, garantindo un envío sen plásticos.
[sobre]
Opción lixeira para produtos non fráxiles. O seu deseño inclúe unha dobre tira adhesiva, facilitando a reutilización da mesma embalaxe en caso de devolución.
[bolsa de rede]
Protexe as prendas como alternativa ao papel de seda convencional. Fomenta a economía circular por ser un elemento que o cliente pode reutilizar no seu día a día, estendendo a presenza da marca máis alá da compra inicial.
O deseño de identidade e packaging para Humana non só buscaba unha renovación estética, senón unha coherencia absoluta coa economía social e circular. Este proxecto minimiza a pegada ecolóxica a través de tres piares fundamentais: redución de residuos, loxística sostible e fomento da reutilización.
O resultado é unha identidade visual honesta e un sistema de envíos que reflicten o compromiso de Humana co emprego verde e a moda responsable.